Os sons esquecidos é unha viaxe no tempo, unha procura das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear un discurso novo e sorprendente. Neste proxecto mestúranse instrumentos de épocas pretéritas cunha orquestra moderna, sacándoos do contexto para o que foron concibidos: pódese escoitar o karnyx (instrumento de guerra), evocando o son de sereas, golfiños, o mar…; a corna evoca cantos populares improvisados, a uillean pipe… Son obras orixinais compostas e interpretadas por Abraham Cupeiro.
__
Warner Classics, 2017