Aviso Legal

1. IDENTIFICACIÓN 

  • Titular: Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela (en adiante, “Consorcio”), de quen depende a Real Filharmonía de Galicia
  • Domicilio: Pazo de Vaamonde, rúa do Vilar, 59, de Santiago de Compostela (15705)
  • Domicilio da RFG: Avda. Burgo das Nacións, s/n, de Santiago de Compostela (15705)
  • CIF V15392319
  • Teléfono: +34 981 55 22 90
  • Correo electrónico: gerencia@consorcio-santiago.org

2. OBXECTO 

O presente aviso regula o acceso, navegación e utilización do presente Sitio web, sen prexuízo de que o Consorcio se reserve o dereito a modificar, total ou parcialmente, o que estime pertinente. O acceso e utilización dos contidos do Sitio web tras as referidas modificacións ou cambios (publicados no propio Sitio web, neste apartado) supoñen a aceptación dos mesmos.

Do mesmo xeito, informamos os usuarios acerca de cales son os seus dereitos e as súas obrigas en relación cos contidos expostos a través do Sitio web, logotipos e marcas utilizadas, así como as responsabilidades que poden derivarse do acceso ao Sitio web.

Aos efectos da interpretación deste aviso, entendemos que unha persoa pasa a ser usuaria no momento en que esta acepta as Condicións de Uso e a Política de Privacidade expostas no Sitio web, abondando para iso que o visite.

3. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL 

O Consorcio é titular ou, no seu caso, conta coas licenzas correspondentes sobre os dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial do Sitio web, así como de todos os contidos ofrecidos no mesmo, en particular, a plataforma, textos, fotografías ou ilustracións, logos, marcas, deseños.. e os servizos dispoñibles a través do mesmo.

O acceso, navegación e utilización do Sitio web non implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión de dereito algún por parte do titular.

Prohíbese o uso de marcas ou outros signos distintivos sen o consentimento do titular ou titulares (de ser estes terceiros).

Quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos do Sitio web e, en particular, queda prohibido modificar, copiar, reproducir, comunicar publicamente, transformar ou distribuír, por calquera medio e baixo calquera forma, a totalidade ou parte dos contidos incluídos no Sitio web.

4. REGRAS DE USO DO SITIO WEB 

Non está permitido o acceso ou a utilización do Sitio web con fins ilegais ou non autorizados, con ou sen finalidade económica. A título de exemplo, non se permite usar o Sitio web:

  • de modo que, directa ou indirectamente, poida provocar danos ou ineficiencias no seu funcionamento ou nos equipos, redes, servizos, procesos de contratación, servidores ou portais do titular ou dun terceiro;
  • para solicitar datos persoais de terceiros, suplantar identidades alleas (con, ou sen cualificación penal), ou actuar de calquera modo contrario á lei, ou á orde pública;
  • para vulnerar as medidas de seguridade ou autenticación do Sitio web ou de calquera rede conectada ao mesmo, ou as medidas de seguridade ou protección inherentes aos contidos ofrecidos no Sitio web

O incumprimento do anterior será perseguido a través das canles legalmente pertinentes, até a completa depuración de responsabilidades de toda orde, xa sexan estas civís, administrativas, penais ou doutro tipo.

5. ENLACES

Non se autoriza o establecemento dunha ligazón a ningún portal do Consorcio desde outros sitios web, salvo expresa autorización da propia entidade.

O titular non asume responsabilidade algunha polos contidos de portais web alleos. O usuario coñece e acepta que o Consorcio non é responsable de eventuais prexuízos sufridos por aquel, a consecuencia da dispoñibilidade dos mencionados sitios web ou recursos externos, ou os seus contidos.

Existen ligazóns de acceso a diferentes perfís en canles ou redes sociais (Facebook, Twitter ou Youtube, por exemplo). A información que o usuario, eventualmente, amose ou facilite, sobre si mesmo, ou outros terceiros, é responsabilidade exclusiva do mesmo, quedando exonerado o Consorcio de calquera actuación en tal sentido, e das súas eventuais consecuencias.

As devanditas canles non son controladas polo Consorcio, en canto a seguridade, navegación, recompilación ou captura de información (persoal -ou non- claves, ou datos de calquera outro tipo) que os donos ou xestores dos mesmos leven a efecto. É máis, o usuario que comparta contidos nos devanditos perfís, debe ser consciente de que serán accesibles por terceiros, sen que o Consorcio teña responsabilidade algunha sobre iso, e sobre as implicacións na súa privacidade persoal.

O usuario pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade das redes sociais referidas, así como configurar o seu perfil. Entre outras opcións, pode explorar estas:

 

6. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Para toda cuestión litixiosa derivada ou relacionada con este Sitio web será de aplicación a lexislación española vixente no momento do litixio, e con sometemento aos órganos competentes de Santiago de Compostela.