Aviso de privacidade. Protección de datos

 

1. NORMATIVA DE REFERENCIA 

REGULAMENTO (UE) 2016/679, de 27 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos – RGPD).

Normativa estatal española sobre protección de datos de carácter persoal e servizos da sociedade da información.

 

2. RESPONSABLE

O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa do Vilar, 59, de Santiago de Compostela (15705) e NIF V15392319.

O correo electrónico do seu Delegado de Protección de Datos é: dpd@consorciodesantiago.org

 

3. FINALIDADES DO TRATAMENTO 

  • Posibilitar a navegación e xestionar as peticións de información, contidos ou servizos que soliciten expresamente os usuarios ou que se tramiten co seu consentimento.
  • Xestionar a contratación de servizos e a súa eventual facturación.
  • Remitir comunicacións sobre servizos, eventos e noticias relacionadas co Responsable.
  • Responder a eventuais contactos ou consultas que, voluntariamente, realice o usuario a través das nosas contas de correo electrónico.
  • No caso de que nos remita os seus CV, ou se inscriba nas diferentes ofertas de traballo ou procesos de contratación que podamos publicar, trataremos os seus datos co fin de valorar e xestionar a súa solicitude de emprego e no seu caso, levar a cabo as actuacións necesarias para a eventual selección e/ou contratación.
  • Acceder aos diversos perfís da Real Filharmonía de Galicia en canles e RRSS (Twitter, YouTube, Facebook), existentes para información e divulgación de actividades.

 

4. CATEGORÍAS DE DATOS TRATADOS

Esencialmente, e para as finalidades indicadas, trataranse:

  • Datos identificativos: nome, apelidos, Nick, dirección postal, dirección de correo electrónico, código postal, teléfono.
  • Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional, no caso dos procesos de selección ou licitacións.
  • Datos de información comercial, no caso de licitacións.
  • Datos económicos ou financeiros, bancarios (para abonos ou compras de localidades).

 

5. COMUNICACIÓNS

Os datos poderán ser comunicados a:

  • Administracións públicas con competencia nos sectores de actividade do Responsable.
  • Entidades financeiras e outras plataformas, para o cobro de servizos ofrecidos.

 

6. BASE XURÍDICA E RETENCIÓN

A base legal que permite tratar os datos persoais que se recollan ou xeren como consecuencia do acceso, uso e navegación dos usuarios pola Web vén conformada por:

  • A xestión da contratación de servizos, pago, facturación e envíos correspondentes, está lexitimada pola propia execución do contrato.
  • Responder as súas consultas: consentimento.
  • O tratamento dos datos co fin de remitir boletíns electrónicos sobre servizos, eventos e noticias relacionadas co Responsable (Consorcio de Santiago de Compostela, Escola de Altos Estudos Musicais e/ou Real Filharmonía de Galicia), baséase no interese lexítimo.
  • Adicionalmente, a lexitimación para o tratamento dos seus datos, en relación coa eventual remisión de CVs e inscricións en ofertas profesionais ou licitacións doutro tipo, baséase no consentimento do interesado que remite os seus datos, que pode retirar en calquera momento, aínda que iso faría que a súa candidatura, oferta ou proposta, non puidese ser tida en conta. No entanto, a retirada do seu consentimento non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade.
  • Igualmente poderase utilizar a información do usuario para o cumprimento das diferentes obrigas legais do Responsable.
  • RRSS: o interese lexítimo na difusión e divulgación. O Consorcio só é responsable por posibilitar que, a través das ligazóns, ditas redes recompilen determinada información dos usuarios. Calquera tratamento diferente, ou que estas realicen, é responsabilidade das mesmas.

 

Os datos conservaranse, segundo os casos, mentres existan obrigas contractuais ou procedimentais (no seu caso) derivadas dos servizos ou contidos solicitados polos usuarios e, posteriormente, ata a a extinción de responsabilidades legais, contractuais ou deontolóxicas que requiran retelos (p.ex. ata a extinción da responsabilidade derivada da normativa de protección de datos ou ciberseguridade). No caso de que se traten datos para o envío de información sobre o Consorcio, a EAEM ou a RFG, poderanse manter os datos só mentres o usuario non se opoña a recibir a dicir información por calquera dos diversos medios gratuítos e sinxelos que se pon á súa disposición no punto seguinte. Finalmente, dos datos derivados dos perfís en RRSS son responsables estas, polo que o usuario estará ás políticas de privacidade das mesmas (por exemplo, aquí https://www.facebook.com/privacy/explanation; https://privacy.twitter.com/es).

 

7. DEREITOS

En relación aos datos persoais que se recollan ou xeren como consecuencia do acceso, uso e navegación dos usuarios pola Web, os devanditos usuarios gozan dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade (cando correspondan).

A tales efectos, poderá ser remitida comunicación escrita ao Delegado de Protección de Datos: dpd@consorciodesantiago.org. Cómpre contactar, ademais, coa Axencia Española de Protección de Datos se considera que existe un tratamento inaxeitado dos seus datos.