A nosa historia…

 

1996

Nacemento da Real Filharmonía de Galicia

A orquestra nace no 1996 tendo como sede o Auditorio de Galicia.

1996

Nacemento da Real Filharmonía de Galicia

1996

Helmuth Rilling

Director Titular: Helmuth Rilling
O inicio da actividade da orquestra foi da man do mestre Helmuth Rilling. Como director asociado, contamos con Maximino Zumalave.

1996

Helmuth Rilling

1998

Xira internacional por Alemaña e Austria

Primeira xira internacional por Alemaña e Austria. A Real Filharmonía de Galicia foi a primeira orquestra española en actuar no Grosses Festspielhaus de Salzburgo durante a Semana Mozart.

1998

Xira internacional por Alemaña e Austria

1998

Exposición Universal de Lisboa

A orquestra foi invitada a participar nesta Expo'98 cuxo tema central era "Os océanos: un patrimonio para o futuro."

1998

Exposición Universal de Lisboa

2000

Exposición Universal de Hannover

A cidade de Hannover acolleu a primeira expo universal do milenio e, alí, a Real Filharmonía ofreceu un dos seus concertos.

2000

Exposición Universal de Hannover

2001

Antoni Ros-Marbà

Novo Director Titular: Antoni Ros-Marbà
O catalán Antoni Ros-Marbà comeza a súa andadura como Director Titular da RFG no ano 2001.

2001

Antoni Ros-Marbà

2006

Xira por América do Sur

A RFG ofrece unha xira polo continente sudamericano en diferentes cidades de países como Brasil e Arxentina.

2006

Xira por América do Sur

2008

Xira por Cuba

A principios do ano 2008, a Real Filharmonía de Galicia fixo unha xira polas cidades de Matanzas e La Habana, con concertos no Teatro Sauto e no Teatro Amadeo Roldán.

2008

Xira por Cuba

2011

Engurras

Gravación da banda sonora do filme 'Engurras', dirixida por Ignacio Ferreras. Esta película foi gañadora do Premio Goya á mellor película de animación e ao mellor guión adaptado no ano 2012.

2011

Engurras

2013

Paul Daniel

Novo Director Titular: Paul Daniel
Ao comezo de 2013, o británico Paul Daniel comeza o seu camiño como Director Titular da Real Filharmonía de Galicia.

2013

Paul Daniel

2019

Cantos y Revueltas

No ano 2019, a Real Filharmonía de Galicia participou na gravación do CD/DVD 'Cantos y Revueltas' do trompetista Pacho Flores, editado por el selo discográfico Deutsche Grammophon.

2019

Cantos y Revueltas

2020

Xira por Austria

Segunda xira da Real Filharmonía de Galicia por Austria. Neste caso, polas cidades de Salzburgo e Bregenz.

2020

Xira por Austria

2021

25º aniversario

No ano 2021, a Real Filharmonía de Galicia celebra o seu 25º aniversario.

2021

25º aniversario

2022

Sensoxenoma22

Un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Real Filharmonía de Galicia que ten como obxectivo comprobar a resposta do noso xenoma ao estímulo musical.

2022

Sensoxenoma22

2023

Baldur Brönnimann

Novo Director Titular: Baldur Brönnimann
No 2023 chega desde Suíza Baldur Brönnimann para dirixir a Real Filharmonía de Galicia.

2023

Baldur Brönnimann