Abónate!

VALIDEZ DO ABONO
Os abonos poderán ser trimestrais ou anuais e serán válidos para as actividades indicadas nesta publicación.

LOCALIDADES
A persoa abonada recibirá unha tarxeta de abonado/a que conterá as entradas co mesmo número de fila e butaca para todo o período de abono mercado. Poderase reutilizar a tarxeta de temporadas pasadas. Unha vez retirada a tarxeta a persoa farase responsable dela. Para os abonos individuais o Auditorio entregará un duplicado de tarxeta en caso xustificado de perda, deterioro, roubo ou destrución. Para os abonos colectivos non se entregarán duplicados de tarxeta, en caso de solicitude dunha nova tarxeta deberase abonar a cantidade de 5 € por tarxeta extraviada.

UTILIZACIÓN
A persoa abonada que non faga uso do abono, nalgún ou todos os concertos, non terá dereito a ningún reintegro económico.

A tarxeta de abono que dá acceso aos concertos estará identificada nominalmente, pero isto non impide que sexa transferible a outras persoas. No caso de que o/a abonado/a non poida asistir ao concerto, poderá asistir outra persoa no seu lugar coa súa tarxeta de abonado/a. Para o efectivo control de entrada e para ser responsables da trazabilidade dos asistentes, en caso de que fose necesario, o/a abonado/a deberá comunicar ao Auditorio de Galicia o nome e datos de contacto da persoa que asistiu no seu lugar.

ORGANIZACIÓN
Se por razóns de organización houbese que programar un dos concertos de abono mediante aforo non numerado, a persoa abonada, aínda que estea en posesión das súas localidades numeradas, deberá aterse ás butacas dispoñibles no momento de acceder á sala, sen ningún dereito a esixir filas ou butacas ocupadas.

ALTERACIÓNS
O Auditorio de Galicia resérvase o dereito de alterar o día, hora e lugar dos concertos, substituír a algún artista ou formación musical, así como cancelar calquera dos concertos programados. Calquera destes supostos non dará dereito ao reintegro do abono.

RENOVACIÓN DE ABONOS
Os días 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14 e 15 de setembro de 2022: ·No teléfono do Auditorio 981 571026, de 11:00 a 14:00 h

NOVOS ABONOS
Os días 20, 21, 22 e 23 de setembro de 2022:

-No despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 a 14:00 h

-Na Zona C, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h

ABONOS COLECTIVOS
Os días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 2022, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 a 14:00 h  

  • Haberá 50 abonos á venda a disposición de asociación culturais e veciñais, escolas de música e centros educativos públicos. Para a compra destes abonos deberá acreditarse documentalmente a pertenza aos colectivos especificados.
  • Cada entidade poderá dispoñer dun único abono.
  • Cada abono contén catro entradas por concerto.
  • Deberá adquirirse o abono para toda a temporada.
  • Serán asignadas filas e butacas unha vez rematada a renovación de abonos e compra de novos abonos.
  • En caso de ter máis solicitudes que abonos colectivos dispoñibles, serán adxudicados por sorteo.

 

MODALIDADE DE ABONOS

ABONO A

Outubro 2022 – maio 2023

25 Concertos: 411,00 €

25% desconto: 308,25 €

 

ABONO B. PRIMEIRO TRIMESTRE

Outubro – decembro 2022

9 Concertos: 144,00 €

15% desconto: 122,40 €

Abono especial: 72,00 €

 

ABONO C. SEGUNDO TRIMESTRE

Xaneiro – marzo 2023

10 Concertos: 171,00 €

15% desconto: 145,35 €

Abono especial: 85,50 €

 

ABONO D. TERCEIRO TRIMESTRE

Abril – maio 2023

6 Concertos: 96,00 €

15% desconto: 81,60 €

Abono especial: 48,00 €