Abónate!
VALIDEZ DO ABONO
Os abonos poderán ser trimestrais ou anuais e serán válidos para as actividades indicadas nesta publicación.
LOCALIDADES
A persoa abonada recibirá unha tarxeta de abonado/a que conterá as entradas co mesmo número de fila e butaca para todo o período de abono mercado. Poderase reutilizar a tarxeta de temporadas pasadas. Unha vez retirada a tarxeta a persoa farase responsable dela. Para os abonos individuais o Auditorio entregará un duplicado de tarxeta en caso xustificado de perda, deterioro, roubo ou destrución. Para os abonos colectivos non se entregarán duplicados de tarxeta, en caso de solicitude dunha nova tarxeta deberase abonar a cantidade de 5 € por tarxeta extraviada.
UTILIZACIÓN
A persoa abonada que non faga uso do abono, nalgún ou todos os concertos, non terá dereito a ningún reintegro económico.
A tarxeta de abono que dá acceso aos concertos estará identificada nominalmente, pero isto non impide que sexa transferible a outras persoas. No caso de que o/a abonado/a non poida asistir ao concerto, poderá asistir outra persoa no seu lugar coa súa tarxeta de abonado/a.
ORGANIZACIÓN
Se por razóns de organización houbese que programar un dos concertos de abono mediante aforo non numerado, a persoa abonada, aínda que estea en posesión das súas localidades numeradas, deberá aterse ás butacas dispoñibles no momento de acceder á sala, sen ningún dereito a esixir filas ou butacas ocupadas.
ALTERACIÓNS
O Auditorio de Galicia resérvase o dereito de alterar o día, hora e lugar dos concertos, substituír a algún artista ou formación musical, así como cancelar calquera dos concertos programados. Calquera destes supostos non dará dereito ao reintegro do abono.
RENOVACIÓN DE ABONOS
Os días 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño de 2023:
• No teléfono do Auditorio 981 571 026, de 11:00 h a 14:00 h
NOVOS ABONOS
Os días 4, 5, 6 e 7 de xullo e 11, 12, 13, 14 e 15 de setembro de 2023:
• No despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 h a 14:00 h.
ABONOS COLECTIVOS
Os días 19, 20, 21 e 22 de setembro de 2023, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 h a 14:00 h.
Haberá 50 abonos á venda a disposición de asociación culturais e veciñais, escolas de música e centros educativos públicos. Para a compra destes abonos deberá acreditarse documentalmente a pertenza aos colectivos especificados.
Cada entidade poderá dispoñer dun único abono.
Cada abono contén catro entradas por concerto.
Deberá adquirirse o abono para toda a temporada.
Serán asignadas filas e butacas unha vez rematada a renovación de abonos e compra de novos abonos.
En caso de ter máis solicitudes que abonos colectivos dispoñibles, serán adxudicados por sorteo.
VENTA DE ENTRADAS
Venda anticipada:
Preferentemente deberase mercar as entradas en: compostelacultura.gal
• Na Zona C. Punto de información cultural (Preguntoiro, 1. Praza de Cervantes). De martes a sábado de 11.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 19.00 h e domingo de 11.00 h a 14.00 h.
• No despacho de billetes do Auditorio de Galicia ou no teléfono 981 571 026, só os días do concerto de 19.00 h a 20.30 h.
DESCONTOS E PREZOS ESPECIAIS
• As entradas soltas para cada concerto terán os descontos habituais do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas. Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.
• A entrada para os Concertos familiares da RFG terá un prezo de 3 euros.
MODALIDADE DE ABONOS
MODALIDADES DE ABONO
ABONO A (outubro 2023 – maio 2024)
22 Concertos: 354,00€ 25% desconto: 265,50€ Abono especial: 175,50€
ABONO B (outubro 2023 – xaneiro 2024)
12 Concertos: 183,00 € 15% desconto: 155,55 € Abono especial: 91,50 €
ABONO C (febreiro – maio 2024)
10 Concertos: 171,00€ 15% desconto: 145,00€ Abono especial: 84,00€
ABONO (EN)FOCO (abril – maio 2024)
5 Concertos (3 concertos ciclo (EN)FOCO + 2 concertos a elexir do abono A): 50,00 €
(1): Abono Especial (para estudantes e xubilados co 50% de desconto)
(2): Abono Colectivo: 500,00 €
(3): Os concertos do ciclo (EN)FOCO serán de balde para o ABONO A