Data: 30-05-2024

MERCAR ENTRADA
Auditorio de Ferrol
Hora: 20:30h
Prezo:
Data: 31-05-2024

ENTRADAS NON DISPOÑIBLES

fin da viaxe

Neste último concerto de temporada facemos unha travesía entre Europa e os Estados Unidos. John Cage, o compositor norteamericano que más influiu nos artistas europeos do século pasado é o autor de Atlas Eclipticalis, unha peza moi aberta que non indica nin o tempo  nin o número de intérpretes. A obra superpón a linguaxe propia de Cage a este atlas astronómico, xerando unha interrogación sobre o espazo e o tempo totalmente inaudita ata a súa estrea en 1961. Ao contrario de Cage, a figura de Korngold foi esmorecendo, incapaz de adaptarse á vida no exilio americano. Consagrado como compositor de cine, o que avergoñaba ao seu pai, escribe o seu “canto do cisne” no Concerto para violín en 1945. Pecha a velada o compositor que nos ten acompañado toda a temporada, Stravinski, coa Sinfonía en tres movementos, inscrita de cheo na súa etapa chamada neoclásica.

 

Baldur Brönnimann, director
Rosanne Philippens, violín

John Cage: Atlas Eclipticalis*
Erich W. Korngold: Concerto para violín en Re Maior, op. 35
Igor Stravinski: Sinfonía en 3 movementos

*Estrea en España

 

Coa participación do alumnado da EAEM

Ao rematar, servirase un viño cortesía de Galicia Calidade.

 

Ademais:
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann & Rosanne Philippens
Sala Mozart, 19:45h