Data: 24-05-2024

MERCAR ENTRADA
Teatro Afundación, Vigo
Hora: 20:00h
Prezo:
Data: 23-05-2024

MERCAR ENTRADA

(EN)FOCO herdanza africana

Tres compositoras protagonizan esta proposta. A británica Hannah Kendall leva á música clásica o seu compromiso racial introducindo chifres da policía neoiorquina ou espirituais negros, como en Tuxedo: Vasco de Gama. Un compromiso ético similar é o de Missy Mazzoli, quen estrea nos teatros de ópera máis importantes do mundo, sendo a primeira muller en recibir unha encarga do MET de New York, en 2018. A súa obra River Rouge Transfigurations rende homenaxe ao Detroit dos tempos míticos, a partir dunha idea de transformación masiva de ruídos. O programa finaliza con Florence Price, a primeira muller afroamericana recoñecida como compositora sinfónica, a pesar de que compoñer non puido ser o seu único traballo. A Sinfonía núm. 1 foi estreada en 1933 en Chicago e loubada como obra maxistral. Tiveron que pasar 91 anos para que nós agora poidamos desfrutala.

Sebastian Zinca, director

Hannah Kendall: Tuxedo*
Missy Mazzoli: River Rouge Transfigurations
Florence Price: Sinfonía núm. 1

*Estreno en España

Os concertos (EN)FOCO son unha nova proposta de programas que consiste en concertos comentados dunha hora de duración para axudar a comprender a música clásica a aquelas persoas que se achegan por primeira vez a ela. Estes concertos son de balde para os abonados e terán un custe de 10€ para os non abonados. Tamén existe a posibilidade de facer o “Abono (EN)FOCO” que, por 50€, inclúe os tres concertos (EN)FOCO da temporada e dous concertos máis a elixir.