Data: 15-12-2023

MERCAR ENTRADA

exsultate jubilate

O presente e o pasado danse a man neste programa con obras contemporáneas e do gran repertorio. En Saturnal, de Manuel Balboa, aflora a estética intimista e o uso tan persoal das cores tímbricas que impregnan as obras orquestrais do músico coruñés, falecido no 2004. Galicia está tamén presente en Lúa descolorida, peza para voz e orquestra composta polo arxentino Osvaldo Golijov sobre o poema de Rosalía de Castro, escrita cun exquisito sentido lírico. A voz feminina protagoniza tamén o motete mozartiano Exsultate Jubilate, unha das pezas vocais máis festivas e coñecidas do salzburgués, escrito orixinariamente para castrato. O concerto remata coa Sinfonía núm. 6 de Franz Schubert, unha das obras máis italianizantes do mestre vienés que nunca chegou a escoitala en vida.

 

Maximino Zumalave, director
Carmen Buendía, soprano

Manuel Balboa: Saturnal
Osvaldo Golijov: Lúa descolorida*
Wolfgang Amadeus Mozart: Exsultate Jubilate, K.165 (158a)
Franz Schubert: Sinfonía núm. 6 D.589, en Do Maior

*Estrea en España