Neste programa propoñemos un paseo musical da man do lirismo de Felix Mendelssohn e do talento extraordinario do frautista galego André Cebrián. Comezamos pola abertura Mar en calma e próspera viaxe, obra inspirada nun poema de Goethe. A seguir, dous concertos para frauta: o do neoiorquino John Corigliano coa súa peza Viaxe para frauta e orquestra de cordas, composta a partir do poema de Baudelaire L’Invitation au voyage; e o Primeiro concerto para frauta e orquestra, do compositor polaco Moisey Samuilovich Weinberg, exilado en Rusia tras perder a toda a súa familia na Shoah. A segunda parte protagonízaa a Sinfonía núm. 3 de Mendelssohn, coñecida como Escocesa, obra que desde a escuridade inicial se afirma exultante, remitindo á capacidade da música como consolo do espírito.
Joana Carneiro, directora
André Cebrián, frauta
Felix Mendelssohn: As Hébridas, op. 26
John Corigliano: Viaxe para frauta e corda*
Moisey Samuilovich Weinberg: Concerto núm. 1 para frauta e corda op. 75
Felix Mendelssohn: Sinfonía núm. 3 en La menor, op. 56 “Escocesa”
*Estrea en España