Data: 16-02-2024

MERCAR ENTRADA

dende o inefable

Prosegue a nosa homenaxe a unha compositora referente na actualidade, Kaija Saariaho. A súa música instrumental revela un sentido único da composición, coas súas amplas texturas de esencias nórdicas e riqueza tímbrica, como se recolle en D’om le vrai sens (concerto para clarinete e orquestra) no que a finesa propón unha viaxe sonora a través dos cinco sentidos. Outra viaxe, neste caso nostálxica á súa Europa natal, é a que fai Erich Korngold en Tema e variacións, escrita no exilio americano, onde tivo un gran recoñecemento como músico de cine e gañou dous Oscars. O concerto péchase coa Sinfonía núm. 2 de Kurt Weill, un compositor tamén obrigado ao exilio e que sempre reivindicou a necesidade dunha postura de compromiso ético a través da música. A sinfonía recupera o espírito da súa ópera Mahagonny pero nun ambiente sonoro máis clasicista e depurado.

 

Baldur Brönnimann, director
Kari Kriikku, clarinete

Kaija Saariaho: D’om le vrais sense
Erich Wolfgang Korngold: Tema e variacións op. 42
Kurt Weill: Sinfonía núm. 2

 

Coa participación do alumnado da EAEM