A Real Filharmonía de Galicia convoca a selección dunha praza de Contrabaixo Tutti

No apartado de emprego da nosa web poden consultarse as bases e o formulario de solicitude de participación

A Real Filharmonía de Galicia convoca a selección dunha praza de Contrabaixo Tutti mediante un contrato laboral temporal de substitución de persoa traballadora.

A oferta foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, número 146, do 3 de agosto de 2022. A través do apartado de emprego da nosa web poden consultarse as bases da convocatoria así coma o anexo de solicitude de participación na convocatoria.