sons latinoamericanos

A Arxentina e México foron dous dos países de Latinoamérica que acolleron a un maior número de emigrantes e exiliados galegos; por iso, quixemos facer un programa homenaxe á súa música popular. Dos anos nos que A Arxentina acolleu á diáspora galega é o ballet Estancia, composto polo riopratense Alberto Ginastera no 1941. En Estancia agroman as raíces do folclore arxentino e da herdanza musical europea, nun estilo vencellado ao nacionalismo que o compositor irá abandonando progresivamente ata abrazar a linguaxe de vangarda. A presenza do narrador dálle a esta obra unha impronta moi orixinal. Nas composicións dos mexicanos de Moncayo, Blas Galindo e Márquez atopamos un claro exemplo de como a música popular azteca, con elementos do folclore e ritmos indíxenas, convive e se sincretiza coa (mal?) chamada música culta.

 

Baldur Brönnimann, director
Alfonso Mújica, barítono/narrador

Alberto Ginastera: Estancia, op. 8 – Ballet completo
Obras de Márquez, Moncayo e Blas Galindo