Fecha: 27-04-2024

MERCAR ENTRADA

pleasure island

Nos contos ‘Non culpes a ninguén’ (1956) de Cortázar e ‘As preocupacións dun pai de familia’ (1919) de Kafka atopamos unha presenza que perturba terriblemente ás súas personaxes. En Cortázar, é a percepción da súa propia man que, sendo unha prolongación máis do seu corpo, comeza a percibirse de forma ameazante cando o personaxe intenta poñerse un xersei. En Kafka, un obxecto vago e indefinido, como “un carrete de fío plano e en forma de estrela”, preocupa ao seu observador. Non é posible definir exactamente cal é ese obxecto, nin para que serve, nin por que se garda nesa casa sen motivo aparente… É isto o que máis preocupa ao noso personaxe?, por que?

A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño”: que nos contan a estas percepcións, eses prexuízos, esas olladas aparentemente inusuais?

Ariadna Montfort e Estela Merlos, coreógrafas e intérpretes
Cristina Cubells, dirección artística

Igor Stravinski: Danses concertantes
Januibe Tejera: Internités

 

Imaxe: Rocío Chacón