Resolto o proceso de selección do “Programa de primeira experiencia profesional en las administraciones públicas”

A persoa seleccionada, vivirá un ano coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia resolveu o proceso de selección dunha persoa graduada superior en Música dentro do “Programa de primera experiencia profesional en las administraciones públicas”, de contratación de persoas novas desempregadas.
A persoa seleccionada, que traballará o vindeiro ano coa Real Filharmonía de Galicia, é a que ten o DNI con número XX6094XXT.
 
Esta praza, que terá unha duración dun ano, ofértase a persoas desempregadas menores de 30 anos que completaran a súa etapa formativa e acreditaran os coñecementos precisos. Esta oferta faise grazas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Servizo de Emprego Público Español (SEPE) e financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.