Didácticos e familiar “Das tebras á luz”

A Real Filharmonía de Galicia está moi comprometida en achegar a orquestra e a música clásica ao público máis novo. Nesta liña, esta semana vaise iniciar unha serie de dous concertos didácticos gratuítos, que terán continuidade cunha proposta diferente no mes de febreiro. Celebraranse o xoves 27, ás 10:00 e ás 12:00 horas. Diríxense ao alumnado de ESO e Bacharelato de toda a comunidade galega.

O concerto repetirase o sábado 29, ás 18:30 horas para o público familiar; terá un prezo de 3 € e as entradas xa poden adquirirse a través da web www.compostelacultura.gal.

Baixo o título “Das tebras á luz”, este primeiro proxecto didáctico estará dirixido polo mestre galego Pablo Devigo. Reúne pezas musicais vencelladas ás grandes forzas da natureza e á inmensidade do Universo. Música moi popular para os rapaces e rapazas, que, sen dúbida, gozarán cunha experiencia que os levará pola música de filmes tan recoñecidos por eles como “Harry Potter” ou “Star Wars”.