Fecha: 20-09-2023

COMPRAR ENTRADA
Auditorio de Galicia
20-09-2023
Hora: 20:30h
Precio: 22€

COMPRAR ENTRADA

Festival Maré con Amancio Prada

O festival maré, que terá lugar en Compostela entre o 20 e o 24 de Setembro, abrirá a súa programación o mércores 20 de setembro no Auditorio de Galicia de Santiago, cunha estrea especial que se leva xestando desde hai varios meses. Por vez primeira, o histórico cantautor Amancio Prada presentará coa Real Filharmonía de Galicia a versión sinfónica dos Seis Poemas galegos de Federico García Lorca, coa orquestación e dirección de David Fiuza e a colaboración especial do Coro Cantigas e Agarimos.

Este concerto inaugural será a primeira vez que se poidan escoitar os poemas galegos de Lorca en versión sinfónica, sendo a segunda vez na historia que colaboren Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia. “É unha obra pensada como unha suite, unha obra única e contínua en seis movimentos, fluindo coa mesma naturalidade que amosou Lorca”, afirma Prada sobre este traballo que considera “unha homenaxe a Galicia e á súa alma”.

O prato forte deste espectáculo será a estrea sinfónica dos poemas de Lorca, mais terá unha primeira parte tamén cargada de emoción. O motivo é que suporá a primeira das actuacións da xira “Celebrando 50 anos desde Vida e Morte”, na que Amancio Prada lembrará este disco fundacional. Deste xeito, haberá unha parte para a celebración e outra para reivindicar un prolífico traballo creativo que segue mirando ao futuro.