Renovación dos abonos

A renovación de abonos para o segundo trimestre levarase a cabo os seguintes días de decembro: luns 13, martes 14 e mércores 15. Todos e todas as abonadas recibirán unha chamada con antelación para que confirmen se queren renovar e xa se lles marca unha cita, dentro deses tres días, para que veñan pagar ao Auditorio de Galicia.

Os novos abonos poderán facerse o xoves 16 e o venres 17 de decembro, en horario de 11 a 14 horas. Será de forma presencial no despacho de billetes do Auditorio.

O martes 21 de decembro, ás 11.00 horas, poñeranse as entradas soltas á venda tanto na páxina web www.compostelacultura.gal como na Zona C.