O paraíso perdido

A RFG continúa co seu apoio a novos compositores galegos, coa estrea da obra “Gratulantes” de Sofía Oriana Infante, realizada por encargo da propia RFG. Será tamén a estrea en España da obra “Dark, with excessive bright” da compositora Missy Mazzoli, interpretada polo contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia, Carlos Méndez.

Paul Daniel, director
Carlos Méndez, contrabaixo solista da RFG

S. O. Infante: Gratulantes (obra encargo RFG. Estrea absoluta)
M. Mazzoli: Dark, with excessive bright (estrea en España)
A. Dvoràk: Sinfonía nº 8 en Sol M, op. 88

VER PROGRAMA