Data: 17-04-2024

MERCAR ENTRADA

a cor da memoria

As cores moldean os sons e a tímbrica deste concerto, que se abre con Ecos vermellos, estrea da compositora vasca Itziar Viloria, quen compón desde unha perspectiva interdisciplinar. Ecos vermellos fálanos da cor e da memoria, da vida das xentes e dos lugares que se fan universais a partir dun pequeno territorio propio, como a Bizkaia industrial onde naceu a compositora. Das tímbricas vermellas achegámonos ás distintas variantes do amarelo en A cor amarela para sheng e orquestra, do compositor chinés-norteamericano Huang Ruo, quen, a partir deste instrumento de cana milenario da China, fusiona as culturas china e europea, clásica e popular. O programa retoma a cor vermella última suite do ballet o Paxaro de lume, de Stravinski. Obra de 1945, foi a versión que máis lle satisfixo ao compositor ruso, nacionalizado norteamericano despois de deixar Francia.

 

Baldur Brönnimann, director
Wu Wei, sheng

Itziar Viloria: Oihartzun gorriak (Ecos vermellos)*
Huang Ruo: The Colour Yellow for Sheng and Orchestra (A cor amarela para sheng e orquestra)**
Igor Stravinski: O paxaro de lume, suite (versión 1945)

*Co-encarga da RFG e a Euskadiko Orkestra. Estrea absoluta
** Estrea en España

 

Coa participación dos alumnos da EAEM