Fecha: 11-04-2024

MERCAR ENTRADA

a paixón de Simone

Esta noite deixarémonos levar por diversos sentidos a partir dunha das obras imprescindibles da contemporaneidade, o oratorio A paixón de Simone de Kaija Saariaho, creadora referente da composición para  voz. Co subtítulo de Viaxe musical en 15 escenas, narra a vida da filósofa francesa Simone Weil, coñecida como a “virxe vermella” ou a “santa laica” cuxos escritos deixaron unha forte pegada en compañeiras como Simone de Beauvoir. Saariaho moldea a través do seu excepcional manexo das texturas orquestrais os momentos de ascetismo, iluminación, lucidez e entrega da intelectual, morta no exilio en Londres en 1943 cando tiña 34 anos por negarse a comer máis alimentos dos que se lle daban aos soldados que estaban loitando na fronte.

 

Joana Carneiro, directora
Karen Vourc’h, soprano
Cuarteto vocal (Ângela Alves, Joana Valente, André Lacerda e Luís Pereira)
Miguel Ramalho, bailarín
Inés Salvado Gontad, narradora

Kaija Saariaho: La Passion de Simone (versión de orquestra de cámara)

 

En colaboración con Amigos da Ópera de Santiago

 

Ademais:
CONVERSANDO CON… Joana Carneiro
Sala Mozart, 19:45h