O prodixio dos zapatos de cristal (Musiconto)

Maximino Zumalave, director

Editorial Galaxia, 2009. ISBN 978-84-9865-141-6

 

Literatura e música danse a man neste proxecto promovido pola Real Filharmonía de Galicia e a Editorial Galaxia. Contos e música para ensinar valores aos máis pequenos. Ilustracións de Rodrigo Chao. Contén a música de "A Cenerentola" de Rossini. A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave pon música a este musiconto adaptado por Neira do famoso conto da Cenicienta.