Data: 06-03-2025

MERCAR ENTRADA

ZAPPEANDO

Charles Ives estivo tan fascinado co ragtime que entre 1902 e 1904 escribiu máis de 10 obras para orquestra con este ritmo, que significaba para el a esencia da liberdade. Ruth Crawford, unha das compositoras norteamericanas máis importantes do século XX, reúne no seu Andante for strings o mellor da súa formación berlinesa cun instinto para a composición realmente asombroso. Moi distinto é o carácter de Déserts, a obra que Varèse estaba compoñendo en 1954, cando un novo Frank Zappa, marabillado coa súa música, contacta por primeira vez con el. Déserts foi un grande escándalo na súa estrea: salvaxe e pulsional, o transvase entre sons e ruídos artificiais, de fábricas e de barcos crea un material sonoro único, que influirá enormemente na música orquestral de Zappa que protagoniza este concerto, catro obras que amosan a calidade excepcional deste músico que rebordou as fronteiras entre música clásica, jazz, rock e psicodelia.

Peter Rundel, director

Charles Ives: Four Ragtime Dances
Ruth Crawford-Seeger: Andante for strings
Edgard Varèse: Déserts
Frank Zappa: Perfect Stranger
Frank Zappa: Dupree’s Paradise
Frank Zappa: Dog Breath Variations / Uncle Meat
Frank Zappa: G-Spot Tornado

Coa participación do alumnado da EAEM

Ademais:
CONVERSANDO CON… Peter Rundel
Sala Mozart, 19:45h