Data: 30-01-2025

MERCAR ENTRADA

Únicas

Fanny Mendelssohn é unha das compositoras recuperadas nos últimos anos. A súa Abertura en Do, única obra orquestral asinada pola compositora, foi estreada nas coñecidas Sonntagsmusiken berlinesas que organizaba na súa casa e que chegaron a acoller máis de 300 persoas. A británica Anna Clyne si goza en vida de todos os recoñecementos á súa traxectoria. Presente nas temporadas das orquestras internacionais, a súa Dance for Cello and Orchestra foi definida pola crítica como unha das pezas máis conmovedoras da música contemporánea. O programa finaliza coa Sinfonía núm. 8 do compositor inconformista de maior presenza na temporada, Ludwig van Beethoven: a viveza e escritura do seu último movemento preludia xa a xenialidade da Novena.

Chloé van der Soeterstède, directora
Nadège Rochat, violonchelo

Coa participación do alumnado da EAEM.

Fanny Mendelssohn: Abertura en Do
Anna Clyne: Dance for Cello and Orchestra
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 8 en Fa maior, op. 93

Ademais, pre-concerto do alumnado da EAEM na sala Mozart ás 19:30h.