Concerto de Víctor Manuel Sinfónico

Víctor Manuel desembarca no Auditorio de Castrelos (Vigo) no marco da súa xira “Víctor Manuel Sinfónico” ca Real Filharmonía de Galicia, que contará con Joan Albert Amargós como director. Serán interpretadas as pezas máis coñecidas do asturiano como “Asturias”, “Ayer vite en la fonte”, “La madre” e “El abuelo Vítor”, entre outras.

FESTIVAL HÉRCULES BRASS

O 2 de agosto a Real Filharmonía de Galicia participará no Festival Hércules Brass de Celanova baixo a dirección de Sebastian Zinca, con Hakan Hardenberger como solista.