REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Patricia Kopatchinskaja, violín e dirección
Wolfgang Amadeus Mozart: Abertura de Don Giovanni
Felix Mendelssohn: Concerto para violín en Re menor (para orquestra de corda)
Ludwig van Beethoven: Abertura Coriolano
Patricia Kopatchinskaja: Danse Macabre (Superbia)
Franz Joseph Haydn: Sinfonía núm. 94 en Sol maior, «A sorpresa»
Patricia Kopatchinskaja, unha das intérpretes máis singulares e carismáticas do panorama musical actual, asume neste concerto a dobre condición de violinista e directora. Coñecida polas súas propostas escénicas pouco convencionais e por un repertorio violinístico de extraordinaria amplitude, traslada á dirección a experiencia acumulada xunto a algunhas das figuras máis destacadas da batuta contemporánea. A súa concepción da música, libre de convencións e profundamente persoal, maniféstase tamén na súa característica presenza en escena, á que acode descalza, como quen procura experimentar as vibracións do mundo. Esa intensidade expresiva percorre un programa que se inicia coa abertura Coriolano de Beethoven e a de Don Giovanni de Mozart, dúas pezas escritas en modo menor que condensan unha poderosa tensión dramática. O Concerto para violín en re menor de Mendelssohn, composto con apenas trece anos, destaca pola amplitude melódica, o refinamento harmónico e o virtuosismo da escrita solista. A velada conclúe coa Sinfonía núm. 94 de Haydn, coñecida como A sorpresa. Estreada en 1792, a obra converteu o célebre golpe de efecto do seu segundo movemento nun dos xestos máis memorables e enxeñosos do Clasicismo.
Coa participación do estudantado da EAEM
MÉR 3 FEB
Teatro Afundación, 20.00 h
VIGO