Data: 14-03-2026

MERCAR ENTRADA

Son salvaxe!

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
La Maquiné, compañía de teatro
Dramaturxia e dirección artística: Joaquín Casanova e Elisa Ramos
Director musical: José López-Montes
Intérpretes: Noé Lifona e Elisa Ramos
Música de José López-Montes

Proxecto para alumnado 2º Ciclo Primaria

SÁB 14 MAR (3€)
Auditorio de Galicia, 18:00 h (Concerto familiar)

Son salvaxe! é a emocionante historia de Mona, unha nena criada na selva por un gorila chamado Koko. Un día, os seres humanos invaden e destrúen o seu fogar, levan a Mona á civilización para educala e encerran a Koko nun zoolóxico. Aínda que Mona se adapta ao novo mundo que lle impoñen, non é feliz. Con valentía e amor, emprende unha viaxe para rescatar a Koko. A historia de Mona e Koko inspirará a moitas persoas a reflexionar sobre a importancia de protexer o noso planeta e tomar medidas para conservar a súa beleza e biodiversidade. Unha aventura familiar chea de emoción e ensinanzas inesquecibles.