Sete coros de Galicia participarán da vindeira edición do proxecto colaborativo Cantamos!

Os concertos terán lugar os días 19 e 20 de decembro

Este ano recibíronse moitas solicitudes para participar no proxecto participativo Cantamos!. Como é imposible admitir a todas as agrupacións corais inscritas – por cuestións de espazo no escenario- , tivemos que facer unha selección.

Os coros seleccionados son: 

· CORO CARDENAL QUIROGA PALACIOS 
· CORO CMUS OURENSE
· CORO CMUS CULLEREDO 
· CORO DE CÁMARA THALASSA 
· HARMONIA STELLAE 
· CORO ASUBIO
· CORO EMM SANTIAGO

Queremos mostrar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais que fixeron a inscrición.