A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela póñense baixo a dirección de Baldur Brönnimann para levar a cabo Sensoxenoma24.
Sensoxenoma é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se aborda cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) fronte ao estímulo musical. En setembro de 2022 fíxose o primeiro concerto deste proxecto que agora repetimos. Nel, faise unha recollida de mostras biolóxicas a persoas doadoras voluntarias que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.
Programa sorpresa.