REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann e finalistas
Joan Magrané: Andante tranquillo (proxecto Cometas). Estrea absoluta
György Ligeti: Concerto romanés
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 1 en Do maior, Op. 21
XOV 11 DEC (15€)
Auditorio de Galicia, 20:30 h
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann, Joan Magrané, César Ramos, Javier Huerta Gimeno, Leonard David Wacker e Stefano Boccacci
Sala Mozart, 19:45 h
A selección de director/a asistente é un proxecto da Real Filharmonía de Galicia co que a orquestra busca contribuír á formación práctica de novas direccións orquestrais, ofrecendo unha experiencia real de traballo cunha orquestra profesional ao longo do ano 2025. A través dun proceso de selección, diferentes candidatas e candidatos teñen a oportunidade de dirixir a RFG nun concerto aberto ao público. A iniciativa forma parte do compromiso da RFG coa educación musical e co futuro do sector, facilitando o camiño a novas xeracións de artistas. A orquestra dirixida polas persoas aspirantes interpretará o Concerto romanés de Ligeti no que canalizar a forza expresiva que descubriu no folclore romanés “auténtico” e a Sinfonía núm. 1 de Beethoven, obra que foi acollida con certa incomprensión, especialmente polo tratamento innovador e audaz do xénero, trazos que marcarán toda a súa produción sinfónica futura.