A RFG abre un proceso de selección para director/a asistente da orquestra do que quere facer partícipe o seu público.
Do 4 ao 7 de decembro as oito persoas candidatas ao posto tomarán parte en ensaios coa orquestra e co alumnado da EAEM que se abren á cidadanía. Velaquí os horarios:
LUNS 4
- De 10h a 14h | 8 prefinalistas traballarán coa RFG a obra Dumbarton Oaks, de I. Stravinski
- De 15:30h a 19:30h | 8 prefinalistas traballarán co alumnado da EAEM a Sinfonía núm. 2 en Re Maior, op. 36, de L. v. Beethoven
Ás 20h anunciaranse as 3 persoas candidatas que pasan á FINAL
MARTES 5
- De 10h a 14h | 3 finalistas traballarán a Sinfonía núm. 2 en Re Maior, op. 36 de L. v. Beethoven e Schattenhaft de H. Gómez- Chao
MÉRCORES 6
- De 10 a 14 h | 3 finalistas traballarán a Sinfonía núm. 2 en Re Maior, op. 36 de L. v. Beethoven, Schattenhaft de H. Gómez- Chao e Dumbarton Oaks, de I. Stravinski
XOVES 7
- 10h: ENSAIO XERAL
- 19:45h: CONVERSANDO CON… FINALISTAS
- 20:30h: CONCERTO
- FINAL DO CONCERTO: Anuncio do resultado da selección.
O público poderá achegar o seu parecer a través dun código QR que se facilitará no inicio do concerto.
Os ensaios desenvolveranse na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia e as persoas que o desexen poden asistir sen necesidade de reserva. O acceso á sala poderá realizarse ata 10 minutos antes do inicio de cada sesión. Agardamos contar coa vosa presenza.