Rompendo Moldes

Debussy abre o programa cunha obra que desborda sensualidade cromática, o Prélude à l’après-midi d’un faune, estreada en 1894. O compositor, que detestaba o cualificativo de impresionista, inspirouse nun poema de Mallarmé para escribir esta peza que marca o inicio da música moderna. Cincuenta anos maior, a boa estrela guiou a vida de Liszt: pianista extraordinario, idolatrado e respectado como ningún outro no seu tempo, o Concerto para piano núm. 2 é excepcionalmente moderno e representa un completo tour de force tanto para o pianista como para a orquestra. Sen o apoio de Liszt, o compositor suízo Joachim Raff non tería escrito once sinfonías, das cales a Quinta é a máis descri- tiva. Foi estreada en 1872 e describe a historia de amor de Lenore e Wilhem, dúas personaxes de lenda gótica que viven o seu encontro nesta música, desde a alegría do primeiro movemento ao místico adeus do último.

Baldur Brönnimann, director
Vadym Kholodenko, piano

Coa participación do alumnado da EAEM.

Claude Debussy: Prélude à l’après-midi d’un faune
Franz Liszt: Concerto para piano núm. 2 en La maior, S. 125
Joachim Raff: Sinfonía núm. 5 en Mi maior, op. 77 “Lenore”

Ademais:
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann
Sala Mozart, 19:45h