Romeo e Xulieta

A compañía Per Poc pon en escea esta obra a través duns extraordinarios monicreques xigantescos e cheos de cor.

Cuns extraordinarios monicreques xigantescos e cheos de cor, a compañía Per Poc somérxenos nunha das historias máis coñecidas da literatura universal: Romeo e Xulieta, do escritor William Shakespeare, coa belísima música da obra homónima de Serguéi Prokófiev, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia.

Idades recomendadas: para todos os públicos.

PER POC, monicreques e deseño do espectáculo

Adaptación dramática da obra de W. Shakespeare: Albert Plans
Música: Serguéi Prokófiev
Manipulación dos monicreques: Santi Arnal, Berta Martí, Anna Fernández

Deseño e construción dos monicreques: Santi Arnal, Anna Fernández, Martina Tosticarelli
Xastra: Susana García Montes

Dirección de escena: Santi Arnal
Guía didáctica (1º e 2º Ciclo de Primaria): María José Pámpano

OUTROS RECURSOS

Pangea

Da man do noso benquerido Abraham Cupeiro, propoñémos unha viaxe sonora que percorre os cinco continentes, para descobrir a extraordinaria diversidade cultural a través da música.

Mini Mozart

Mini Mozart é un espectáculo para todas as idades, con linguaxe simple e humor inocente.

O grande Beethoven

O Grande Beethoven conta a historia do xenial compositor Ludwing van Beethoven, un auténtico revolucionario da historia da música, que nacía hai 250 anos na cidade alemá de Bönn

Soño de inverno

Presentamos unha guía didáctica para a Sinfonía núm.1, coñecida como “Soño de inverno”, do compositor ruso Piotr Ilich Chaikovski.