Data: 08-11-2024

MERCAR ENTRADA

Romántica

Posuídora dunha linguaxe poliédrica, Raquel García-Tomás comparte moitos códigos sonoros co gran público. Este desexo comunicativo impregna Ceci n’est pas une valse, co-encargo da Real Filharmonía, que parafrasea musicalmente o cadro de Magritte e o texto de Foucault. Unha visión do mundo ben diferente é a de Bruckner, o compositor solitario e tímido que buscou ata a anguria o recoñecemento da crítica. Inseguro das súas creacións, que adoitaba revisar, a Sinfonía núm. 4 —chamada “Romántica” por el mesmo— gozou dun grande éxito na vida do compositor. Nela amosa o seu desmedido amor pola natureza, vista cos ollos dun wagneriano devoto. Bruckner non podía imaxinar cando a compuxo, no ano 1878, que chegaría a ser o compositor predilecto de Hitler e de Goebbels e que o mosteiro de Linz, onde estudou e está embalsamado, sería a sede da radiocorporación do 3o Reich na súa homenaxe.

Baldur Brönnimann, director

Raquel García-Tomás: Ceci n’est pas une valse*
*Co-encarga da Real Filharmonía de Galicia, Palau de la Música Catalana, Orquestra Simfònica del Vallès, e Fundació Catalunya-La Pedrera. Estrea absoluta
Anton Bruckner: Sinfonía núm. 4 en Mi bemol maior “Romántica”.

Coa participación do alumnado da EAEM