Reiniciar memoria

(Estudantado da ESO e Bacharelato)

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
César Ramos, director 
Miguel Ángel Cajigal «El Barroquista», narrador

Obras de Anna Meredith Nautilus, Ludwig van Beethoven, John Williams e Maurice Ravel

Que poden dicirlle Beethoven, Shostakovich ou Ravel a alguén de quince anos hoxe? Que sensacións e recordos esperta a música dunha orquestra na adolescencia actual. A memoria non é algo inmóbil: mestúrase e soa diferente para cada xeración. Reiniciar memoria achega a música sinfónica á mocidade cunha mirada fresca e un pouco irreverente, para aprender a escoitar sen etiquetas nin prexuízos. 

Coa participación do estudantado da EAEM

VEN 5 MAR
Auditorio de Galicia, 11.00 h (Para centros educativos de secundaria)