A Real Filharmonía de Galicia organiza durante a temporada 2023-24 un obradoiro de lecturas de novas obras sinfónicas co fin de ser un estímulo para compositores e compositoras que estean comezando a súa carreira formativa no ámbito da música clásica.
Na semana do 29 de abril ao 3 de maio de 2024 realizaranse catro días de ensaios sobre oito das obras recibidas para este obradoiro. Ao rematar a semana realizarase un concerto final aberto ao público e unha gravación, sen fins comerciais, das obras elixidas.
Dado o carácter formativo destes obradoiros, requerirase a presenza física en Santiago de Compostela dos compositores/as. O taller será guiado polo director artístico da RFG, Baldur Brönnimann, e un compositor/a de recoñecido prestixio.
O prazo para participar está aberto ata o 11 de febreiro. As persoas interesadas poderán inscribirse a traves da plataforma MUVAC.