REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Miguel Ángel Cajigal “El Barroquista”, concepto e narración
Sebastian Zinca, director
Proxecto para alumnado de Secundaria
SÁB 25 OUT (3€)
Auditorio de Galicia, 18:00 h (Concerto familiar)
A música é unha linguaxe propia, que varía segundo as necesidades de cada momento e situación. Detrás de cada melodía, do uso de cada instrumento e da elección de cada compás agóchanse intencións diversas, que o noso cerebro aprende a interpretar dende que temos as nosas primeiras experiencias musicais. Neste programa exploraremos algunhas das principais ideas e emocións da música ao longo da historia, coma se elaborásemos a nosa propia playlist de momentos musicais.