Data: 25-01-2024

MERCAR ENTRADA
Teatro Afundación, Vigo
Hora: 20:00h
Prezo:
Data: 26-01-2024

MERCAR ENTRADA

percorrendo a felicidade

Mozart abre e pecha o concerto con dúas obras que exemplifican a súa inigualable xenialidade. A Abertura das vodas de Fígaro introduce o carácter bufo desta ópera co seu ritmo veloz e enérxico que, a diferencia do que sucede noutras aberturas, non cita ningún dos temas que aparecerán despois. Este ambiente festivo dá paso ao poema sinfónico de Honneger Pastorale d’été, de influencia debussiana. Non menos brillante e extensa é a obra do checo Martinu, quen levou á súa música os ecos dos países nos que viviu. Orixinalmente as dúas canzoni eran unha luminosa resposta á oscuridade de Toccata, se ben pouco a pouco a claridade impregnou as tres pezas. Moi amado no país de Martinu foi sempre Mozart; a Sinfonía núm. 38, Praga, foi composta trala morte do seu fillo pequeno sen que esa tristeza se trasladase á partitura: enigmas da música.

Rita Castro Blanco, directora

Wolfgang Amadeus Mozart: Abertura de ‘’As vodas de Fígaro’’, KV. 492
Arthur Honegger: Pastoral d’été, H.31
Bohuslav Martinu: Toccata e due canzoni, H.311
Wolfgang Amadeus Mozart: Sinfonía núm. 38 “Praga”, K. 504

Coa participación do alumnado da EAEM

Ademais:
CONVERSANDO CON… Rita Castro Blanco
Sala Mozart, 19:45h

Consulta o programa do concerto aquí.