Pangea

Da man do noso benquerido Abraham Cupeiro, propoñémos unha viaxe sonora que percorre os cinco continentes, para descobrir a extraordinaria diversidade cultural a través da música.

O noso amigo Abraham Cupeiro fai maxia coas súas ducias de instrumentos de vento, e proponnos unha evocadora viaxe sonora que percorre os cinco continentes para amosarnos a extraordinaria diversidade cultural a través da música.

Gustaríache saber como soa un hulusi ou un dudk? E onde se toca o shofar? Ou para que se tocaba o kárnix? Se a resposta é si, convidámoste a somerxerte en Panxea… prometémosche que se abrirá un marabilloso mundo de novos sons.

Idades recomendadas: para todos os públicos.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Abraham Cupeiro, poliinstrumentista e música

Rafa Agulló, director

Músicos colaboradores: Leonardo Antonio Correa, batá / Javier  Argenis Meza, batá  e darbouka / Álvaro Prieto, batá / Matthew Ward, canto e acordeón diatónico / Germán Díaz, bendir / Álvaro Villamarín, corna e dord

María Ruiz / Carlos Vázquez / Adrián Saavedra / Abraham Cupeiro, orquestracións
Vídeo (pequeno extracto)
Guía Didáctica Pangea (ESO e Bacharelato): Abraham Cupeiro e María Ruiz

OUTROS RECURSOS

Mini Mozart

Mini Mozart é un espectáculo para todas as idades, con linguaxe simple e humor inocente.

O grande Beethoven

O Grande Beethoven conta a historia do xenial compositor Ludwing van Beethoven, un auténtico revolucionario da historia da música, que nacía hai 250 anos na cidade alemá de Bönn

Soño de inverno

Presentamos unha guía didáctica para a Sinfonía núm.1, coñecida como “Soño de inverno”, do compositor ruso Piotr Ilich Chaikovski.

Romeo e Xulieta

A compañía Per Poc pon en escea esta obra a través duns extraordinarios monicreques xigantescos e cheos de cor.