REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Julia Cruz, directora
Eva Gevorgyan, piano
Magnus Lindberg: Absences
Edvard Grieg: Concerto para piano en La menor, Op. 16
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 6 en Fa maior, Op. 68, «Pastorale»
Neste concerto conflúen as figuras do compositor e da intérprete residentes baixo a dirección de Julia Cruz. Absences, de Magnus Lindberg, composta en 2020 a partir de materiais inspirados en Beethoven, explora a memoria musical mediante a cita e o diálogo entre linguaxes separadas por máis de dous séculos. Esa conversa coa tradición continúa no Concerto para piano en La menor de Grieg. Admirado no seu tempo como director, compositor e pianista, o músico noruegués reuniu nesta obra as tres facetas da súa personalidade artística, incorporando elementos do folclore escandinavo nunha escrita de extraordinaria riqueza melódica e expresiva. Pecha o programa a Sinfonía núm. 6 «Pastorale» de Beethoven, estreada o mesmo día que a súa célebre Quinta Sinfonía. Fronte ao dramatismo desta, a Pastoral desprende un carácter contemplativo e sereno. Composta nun período de crise existencial, a obra transforma a lembranza da natureza en materia sonora. A través dunha extraordinaria paleta orquestral, Beethoven evoca regatos, tormentas e cantos de paxaros: a frauta convértese en reiseñor, o óboe en paspallás e o clarinete en cuco.
Coa participación do estudantado da EAEM
VEN 26 FEB
Auditorio de Ferrol, 20.00 h
FERROL