Para isto, a Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo novo director Jan Wierzba e coa complicidade dos nosos amigos do Serviço Educativo da Casa da Música de Porto, desentrañará algúns pequenos segredos sobre a vida e o (mal?) xenio de Beethoven, amosándonos tamén como funciona o instrumento que hoxe coñecemos como orquestra sinfónica.
Pangea
Da man do noso benquerido Abraham Cupeiro, propoñémos unha viaxe sonora que percorre os cinco continentes, para descobrir a extraordinaria diversidade cultural a través da música.