O Gato con Botas ou Maese Gato é un conto popular europeo compilado en 1695 por Charles Perrault. Conta a historia dun gato que grazas á súa astucia consegue a fortuna e a man dunha princesa para o seu amo, totalmente pobre. Dende a súa publicación, en 1697, no seu libro Contos de antano, que dedicou e regalou á sobriña de Luís XIV, tivo moito éxito.
Per Poc recrea as personaxes e a escenografía cos debuxos da artista rusa Alexandra Semenova, que nos remiten coa súa estética á época do Rei Sol. A música proposta para este espectáculo é o repertorio musical francés dos séculos XVII e XVIII que será, tamén, protagonista.
Santiago Arnal e Anna Fernández (Títeres PerPoc), dirección artística e escénica
Alexandra Semenova, debuxos
Rocío de Lorenzo, narradora