Novos Territorios

O norteamericano Charles Ives é o álter ego doutro artista que foi descoñecido e xenial, o seu coetáneo Fernando Pessoa. Representante exitoso dunha axencia de seguros, Ives gustou tanto da composición como do béisbol. O Washington’s Birthday é unha peza independente que tamén constitúe o primeiro movemento da Holiday Symphony, todo un canto invernal para as cordas. Helga Arias é a autora da obra de encarga, na que a que a compositora vasca explora a súa habitual ampliación das posibilidades tímbricas dos sons no espazo. O programa finaliza con Harold en Italia, unha inusual sinfonía de Berlioz, compositor crítico e mordaz, que plasma nesta obra de 1834 o amor por Italia e pola poesía de Lord Byron, que inspirou esta partitura na que a voz cantante a leva a viola. Aínda que a obra obedece a unha encarga de Paganini, este, desilusionado co carácter anti virtuoso da viola solista, rexeitouna e nunca a interpretou.

Baldur Brönnimann, director
Sara Ferrández, viola

Charles Ives: Washington’s Birthday
Helga Arias: Título por determinar*1
Hector Berlioz: Harold en Italia

Coa participación do alumnado da EAEM

Ademais:
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Sara Ferrández
Sala Mozart, 19:45h

  1. *Co-encarga Real Filharmonía de Galicia – Basel Sinfonietta. Estrea en España
    ↩︎