As sopranos Emilia Pérez e Lucía Iglesias e o barítono Lucas López protagonizan este serán lírico no que poderemos escoitar algúns fragmentos de óperas moi coñecidas. As vodas de Fígaro estreouse en 1786, co preceptivo “final vienés” imposto polo emperador, que prohibía presentar óperas tráxicas no seu Teatro Imperial. Máis liberdade creativa tivo Rossini, que en tres semanas compuxo O Barbeiro de Sevilla, baseada tamén na triloxía de Beaumarchais e, como era o seu costume, reutilizando música anterior. Dous meses despois da morte de Mozart, Cimarosa presenta en Viena O matrimonio secreto, cun éxito que non tivo na súa estrea a ópera rossiniana. O programa achégase ao século XIX cunha opereta, O morcego, que consagrou a Johann Strauss fillo, a pesar da súa posición política e da rotunda hostilidade do seu pai, con quen protagonizou unha das rivalidades máis soadas no mundo da música.
Diego Martin-Etxebarria, director
Emilia Pérez, soprano
Lucía Iglesias, soprano
Lucas López López, barítono
Ademais:
CONVERSANDO CON… Diego Martin-Etxebarria
Sala Mozart, 19:45h