Música viva

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann, director 
Johannes Moser, violoncello

Franz Joseph Haydn: A representación do caos (do oratorio A Creación
Anna Thorvaldsdottir: Before we fall (concerto para violoncello e orquestra)
Franz Schreker: Sinfonía de Cámara

O oratorio A Creación foi considerado a obra mestra dun Haydn que converteu esta partitura nunha auténtica profesión de fe. Inspirado nun texto atopado entre os papeis de Haendel, o preludio A representación do caos constitúe unha das páxinas máis audaces e inquietantes do Clasicismo: a súa estrea suscitou avalanchas de público, que se viron abrumadas pola modernidade da obra, rica en cores, texturas e contrastes tímbricos. Dous séculos despois, esa fascinación polos instantes de cambio e incerteza reaparece en Before We Fall, da compositora islandesa Anna Thorvaldsdottir. A través dunha escritura hipnótica e dunha imaxinación tímbrica extraordinaria, a obra sitúanos ao bordo do abismo, nun espazo suspendido entre a inmobilidade e a transformación. Tamén para o director e compositor austríaco Franz Schreker a música foi unha forma de renacer, xa que a través das súas óperas e da Sinfonía de Cámara, escrita en 1916, que condensa un mundo romántico, impresionista e simbólico nun único movemento.

Coa participación do estudantado da EAEM

SÁB 20 MAR
Palacio da Ópera, 20.00 h
A CORUÑA