Melodías ocultas

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann, director
Eva Gevorgyan, piano

György Ligeti: Melodien
Piotr Ilich Chaikovski: Concerto para piano núm. 1, en Si bemol menor, Op. 23
Anton Arenski: Variacións sobre un tema de Chaikovski
Igor Stravinski: O bico da fada: Divertimento

A música de György Ligeti ten novamente un lugar destacado nesta tempada con Melodien, un título que evoca a natureza da súa escrita, na que cada voz conserva un marcado perfil melódico. Nun único movemento, a peza flúe como un continuum no que irrupcións súbitas interrompen a transformación gradual do material musical, entre timbres metálicos e punzantes. Ese universo de tensión e contraste dá paso ao Concerto para piano núm. 1 de Chaikovski. Composto en 1875, foi rexeitado polo seu dedicatario, Nikolai Rubinstein, quen se negou a estrealo. É unha partitura chea de melodías claras e brillantes, como a canción francesa do segundo movemento ou o tema ucraíno que inspira o final. A pegada de Chaikovski percorre tamén o resto do programa. Anton Arenski rendeulle homenaxe nas súas Variacións sobre un tema de Chaikovski, unha das obras máis celebradas do compositor ruso. Inspirado igualmente na súa música, Stravinski compuxo en 1928 o ballet O bico da fada, do que o Divertimento constitúe a suite orquestral. A fría acollida coa que foi recibido o ballet entristeceron a Stravinski e puxeron fin á súa amizade con Diaghilev, lendario fundador dos ballets rusos. 

Coa participación do estudantado da EAEM

VEN 23 ABR
Auditorio de Vilagarcía, 20.30 h
VILAGARCÍA