Fecha: 19-10-2023

MERCAR ENTRADA
Teatro Afundación, Vigo
18-10-2023
Hora: 20:00h
Precio: Desde 11,70€

MERCAR ENTRADA
Círculo das Artes, Lugo
20-10-2023
Hora: 20:00h
Precio:

ENTRADAS NON DISPOÑIBLES

mar en calma

Neste programa propoñemos un paseo musical da man do lirismo de Felix Mendelssohn e do talento extraordinario do frautista galego André Cebrián. Comezamos pola abertura Mar en calma e próspera viaxe, obra inspirada nun poema de Goethe. A seguir, dous concertos para frauta: o do neoiorquino John Corigliano coa súa peza Viaxe para frauta e orquestra de cordas, composta a partir do poema de Baudelaire L’Invitation au voyage; e o Primeiro concerto para frauta e orquestra,  do compositor polaco Moisey Samuilovich Weinberg, exilado en Rusia tras perder a toda a súa familia na Shoah. A segunda parte protagonízaa a Sinfonía núm. 3 de Mendelssohn, coñecida como Escocesa, obra que desde a escuridade inicial se afirma exultante, remitindo á capacidade da música como consolo do espírito.

 

Joana Carneiro, directora
André Cebrián, frauta

Felix Mendelssohn: As Hébridas, op. 26
John Corigliano: Viaxe para frauta e corda*
Moisey Samuilovich Weinberg: Concerto núm. 1 para frauta e corda op. 75
Felix Mendelssohn: Sinfonía núm. 3 en La menor, op. 56 “Escocesa”

*Estrea en España

 

Ademais:
CONVERSANDO CON… Joana Carneiro & André Cebrián
Sala Mozart, 19:45h

Consulta o programa do concerto.