REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Camille Delaforge, directora
Cyrille Dubois, tenor
Jean-Philippe Rameau: Les Boréades (selección da ópera)
Jean-Philippe Rameau é «o maior xenio musical que produciu Francia», afirmou Camille Saint-Saëns, impulsor da súa recuperación. Contemporáneo de Bach e Haendel, Rameau foi un prolífico autor de motetes, cantatas, obras para clave e tratados teóricos que non se dedicou á ópera ata cumprir os cincuenta anos. Neste ámbito converteuse nunha figura tan admirada como polémica pola súa innovadora concepción do drama musical. Co tempo, chegou a adquirir tanto prestixio que Louis XV o nomeou compositor da corte en 1745. Les Boréades é a última das súas óperas, envolta desde a súa creación nunha sorte de maleficio. Baseada na lenda grega de Abaris o Hiperbóreo e atravesada por simbolismos que algúns relacionaron coa masonaría, a obra foi ensaiada na Ópera de París en 1763, mais nunca chegou a estrearse. As razóns continúan sendo obxecto de especulación: desde as tensións da corte ata a dificultade da partitura ou o carácter potencialmente subversivo da trama. O incendio do edificio da Ópera durante os ensaios contribuíu a envolver a obra nunha aura de misterio.
XOV 1 ABR (15€)
Auditorio de Galicia, 20.00 h
CONVERSANDO CON… Camille Delaforge
Sala Mozart, 19.15 h