REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Sergey Malov, violín, violoncello da spalla e director
Wolfgang Amadeus Mozart: Sinfonía núm. 1 en Mi bemol maior, KV. 16
Johann Sebastian Bach: Concerto para violín en Sol menor (reconstrución)
Luigi Boccherini: Concerto para violoncello en Re maior (con violoncello da spalla)
Wolfgang Amadeus Mozart: Sinfonía núm. 41 en Do maior, KV. 551
Este programa revisita, cun enfoque historicista, obras do canon sinfónico, con Sergey Malov como director e intérprete de violoncello da spalla, unha sorte de instrumento máis pequeno, de son diáfano e hipnótico, do que é un gran virtuoso. Mozart, tamén xenio precoz, compuxo a súa Sinfonía núm. 1 con só oito anos como exercicio de aprendizaxe. O Concerto para violín en Sol menor de Bach chega a nós despois dun labor detectivesco de recuperación. O seu segundo movemento gravita sobre unha das melodías máis inspiradas do autor, que volve utilizar na Cantata 156. O programa complétase co Concerto para violoncello en Re maior de Boccherini, cheo de vitalidade e lirismo. Pecha a Sinfonía núm. 41 «Júpiter» de Mozart, escrita nunha etapa de máxima complexidade creativa e de enorme esixencia técnica. Se Mozart chegou a escoitala ou non, continúa sendo un misterio.
VEN 4 DEC
Círculo das Artes, 20.00 h
LUGO