IV Xacobeo Clarinet Fest

A Real Filharmonía de Galicia participa no IV Xacobeo Clarinet Fest de Lalín, unha innovadora plataforma tanto artística como pedagóxica dirixida a un dobre destinatario. Por unha banda estará orientado a estudantes, clarinetistas profesionais e afeccionados e por outra banda aberto ao público en xeral.

Maximino Zumalave, director
José Franch Ballester, clarinete
David Griffiths, clarinete

F. Mendelssohn: Konzertstück núm. 2, op.114
W. A. Mozart: Sinfonía núm. 40 en sol menor, KV. 550
C. M. v. Weber: Concerto para clarinete núm. 2